18 ago 2012

Galicia Conficencial | Miles de estafados polas preferentes colapsan Sanxenxo

Por que Rajoy abandonou esta ponte o seu tradicional veraneo en Sanxenxo? Unha explicación é a protesta dos cidadáns estafados polas preferentes, cinco mil persoas que colapsaron a vila este sábado. As condicións do rescate bancario faranlles perder gran parte dos aforros.

Manifestación dos estafados polas preferentes en Sanxenxo/ Eva Vázquez Lima
A Policía Local de Sanxenxo cifra en 5.000 os asistentes á manifestación dos estafados polas participacións preferentes. Os cidadáns reclaman unha solución política e global para os que teñen os aforros retidos neste produto tóxico. 

Os manifestatentes, na súa maioría persoas de idade avanzada, lanzaron ovos contra as dúas oficinas de Novagalicia Banco que estaban no comiño da manifestación. A súa ruidosa protesta tamén sorprendeu aos bañistas que desfrutaban das terrazas da coñecida praia de Silgar. 

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, acostumaba a pasar todas as súas vacacións entre Sanxenxo e Pontevedra. Sorpredentemente, este ano o líder do PPdeG decidiu pasar a ponte no Palacio das Marismillas, edificio público do Parque Nacional de Doñana. Fontes do PP aseguraron que Rajoy marchaba de Galicia polo mal tempo, malia a vaga de calor que sufre Galicia estes días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario