29 oct 2012

APOIO AFECTADOS DA COSTA DA MORTE

Enorme a resposta da veciñanza de Bergantiños á Manifestación convocada pola Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Subordinadas na Costa da Morte. O pasado venres, case que un millar de veciños, uns afectados directamente e outros que non pero coa suficiente sensibilidade para compartir a dor e a protesta, tomaron a Praza do Concello de Carballo para protestar e esixir que lles devolvan os seus aforros. 

E o fixeron en alto, coa voz dos 5.000 afectados da bisbarra, pero de forma cívica, deixaron claro que queren solucións, e xa. Así o asegurou o mesmo César Cambeiro, actor carnotán sempre comprometido, que asumiu o papel de ler o manifesto (ver abaixo) para todos os asistentes e para os representantes de NovaGaliciaBanco ou os outros bancos implicados. 
A boa resposta da veciñanza dá conta de que a xente está comezando a saír do armario, nunha bisbarra que tende a agocharse para non amosar as carencias. Pero como asegura Manuel González, o que fai falta é que haia xente preparada que adique o seu tempo a informar e orientar aos afectados, incitándoos a saír á rúa como o pasado venres fixeron ese case millar de persoas. Destaca González o apoio das xentes das Plataformas de Morrazo, Vigo, Arousa, Rias Altas, Santiago e A Coruña, que escoitaron os berros de que “Na Costa da Morte si que estamos vivos!”(LEER TODO EN : QUE PASA NA COSTA).

VER MÁS INFORMACIÓN EN : LA TORRE DE HERCULES

No hay comentarios:

Publicar un comentario