2 ene 2013

AUDITORIA DA DEBEDA

O punto de partida da especulación coa débeda pública ou soberana pode situarse no Tratado de Maastricht, en 1992, onde se muda o mecanismo de financiamento dos Estados. Desde ese momento, prohíbeselle ao Banco Central Europeo darlle diñeiro ós Estados nin á mesma Unión Europea, tal coma viñan facendo os Bancos Centrais. Agora, os Estados teñen que pedir os cartos que precisen aos bancos privados (ou sacar á venda nos mercados financeiros os títulos de débeda pública, os bonos do tesouro). Son despois estes bancos privados os que lle piden o diñeiro ao BCE. 

Créase aquí un negocio perfecto para os “donos do capital”, xa que piden prestados ó BCE cartos que son PÚBLICOS, pagando por elo uns tipos de xuro moi baixos (hoxe o 0,75%), que logo prestan ós Estados a uns tipos de xuro que veñen determinados polos propios mercados, polas axencias de calificación (que son parte deses mercados e polo tanto beneficiarios), e polas condicións políticas e sociais en cuestión. No caso de España, actualmente o xuro está en torno a un 7%. En Grecia, xa por riba do 18%. 
Temos entón que os bancos fináncianse con cartos públicos e obteñen enormes beneficios tamén de cartos públicos. A isto chámaselle usura, e deste xeito, o endebademento convírtese nunha soga no pescozo dos Estados, e por extensión das clases traballadoras deses Estados afectados, que ven todas as súas conquistas sociais desmanteladas para pagar os xuros usurarios da banca e os grandes investidores. 

Cando no verán do 2007 prodúcese o comezo da crise actual, a débeda pública do Estado español non pasaba do 54% do PIB, mentres que a débeda privada dos bancos, das empresas e das familias, multiplicaba por tres o PIB, nunha situación non moi diferente de outros estados similares ó español. 

Ó longo do 2008 e 2009, a maior parte dos gobernantes do mundo, saíron ó rescate dos bancos e grandes empresas. Adicaron cifras de diñeiro mareantes para sacalos da crise que eles mesmos crearan, a través de investimentos e mecanismos financeiros tóxicos avalados por eles mesmos. A finais do 2010 levaban investidos en rescates ás entidades privadas unha cifra entre 13 e 15 BILLÓNS (12 ceros!!) de euros, o que significa entre o 21 e 25% do PIB mundial.. 

Roubaron o que quixeron, e agora témolo que pagar todos e todas. Esto é o que significa socializar as perdas, converter a débeda privada en débeda pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario