1 feb 2013

NON TE FIES DOS BANQUEIROS

(MÚSICA DA RIANXEIRA)

ESTRIBILLO :

Banqueiros veñen e van,
non te fíes dos banqueiros,
porque che van a roubar.

Quen dixo que os banqueiros,
tamén era xente honrada,
son todos estafadores,
que nos deixaron sen nada.

         ESTRIBILLO +
Viñeron a xunta nós,
e con moito disimulo,
levaron os nosos cartos,
dicindo que están seguros.

         ESTRIBILLO +
Cando queirades os cartos,
non hai máis que avisar,
pasando dous ou tres días,
xa os podedes levar.

         ESTRIBILLO +
Os primeiros que alí foron,
dixéronlle que agardaran
que non llos podían dar,

          ESTRIBILLO +
Falaron de preferentes
tamén de subordinadas,
sen entender que serian,
palabras moi complicadas.

          ESTRIBILLO +
Cando foi das eleccións,
inventaron a arbitraxe,
agora que xa pasaron,
xa deron outra viraxe.

          ESTRIBILLO +
Despois chegou o da quita,
un invento do goberno,
apoiando aos banqueiros,
na estafa que nos meteron.

          ESTRIBILLO +
Que nos devolvan os cartos,
o diñeiro todo enteiro,
e que interveña a xustiza,
pra metelos no caldeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario