16 mar 2013

CONTRA A DÉBEDA ILEXÍTIMA

O vindeiro xoves 14, a PACD-Galiza levará a cabo varios actos informativo-reivindicativos na Coruña, Lugo e Ourense
En A Coruña - Ás 19:00 no Obelisco poremos un punto informativo-reivindicativo: desplegaremos unha faixa alí e repartiremos panfletos e informaremos os que queiran achegarse. 
E O SÁBADO 16 :
A Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda da Galiza (PACD-Galiza) mobilízase esta semana ante a celebración dun novo cumio europeo que, unha vez máis, volverá centrar os seus esforzos en "recuperar a confianza dos mercados". O nodo galego deste colectivo estatal, xurdido oficialmente hai dous meses, pretende analizar e desenmascarar a débeda dos estados á que continuamente aluden os gobernantes. 

Esa débeda pública que marca as pautas das administracións e que, como denuncian, "ten unha das súas orixes na propia Unión Europea, que desde a firma do Tratado de Maastricht, obriga aos estados a se financiar a través dos bancos privados, coa usura que iso supón". "A débeda pública ten orixe na UE e na obriga aos estados a se financiar a través de bancos privados" Así, xa o vindeiro xoves 14, a PACD-Galiza levará a cabo varios actos informativo-reivindicativos na Coruña, Lugo e Ourense onde se explicará a orixe da débeda e a perda de soberanía tanto dos estados como a cidadanía nesta crise económica. 

 "É unha Europa que dá continuos pasos afastándose cada vez máis da democracia e a soberanía dos pobos, con novos e escuros tratados coma o MEDE (Mecanismo de Estabilidade Financieira), explica o colectivo, que culpa precisamente a estes mercados que Europa pretende calmar de ser "os causantes desta situación de extremas dificultades que estamos a vivir". (LEER TODO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario