19 abr 2013

LA BANCA PERDIO LA CREDIBILIDAD

O que ocorreu coas preferentes e as subordinadas corroe a base mesma do sistema capitalista. ¿Que credibilidade lle pode dar a xente agora a un sistema bancario que, por mor dunhas prácticas especulativas, fixo voar os aforros de moitas persoas? ¿U-la confianza nas nosas caixas de sempre? Nunca esquecerei a ilusión coa que ía enchendo a miña primeira hucha cos pequenos aguinaldos que me ían dando. ¿Son quen de imaxinarse un cualificativo para un acto tan repudiábel como converter 600 euros dunha cartilla de aforro infantil en subordinadas sen o consentimento paterno? ¿Podemos ver nese cativo un inversor de alto risco? ¿Que fiabilidade nos pode merecer unha entidade que actúa así, tan á lixeira? ¿E as autoridades monetarias que o permitiron? Ningunha. 

É certo que hai responsabilidades compartidas, como denunciaron os participantes na manifestación deste domingo en Carballo. Ignorar que as grandes decisións económicas neste país foron tomadas polo goberno central, xa dirixido polo PP ou polo PSOE, é absurdo. Estes produtos foron creados grazas á lexislación económica aprobada polo Ministerio de Economía dirixido por Rodrigo Rato, no goberno Aznar. Foron autorizados polas autoridades monetarias españolas (léase Banco de España e CNMV). Con Pedro Solbes e Elena Espinosa (gobernos Zapatero) a cousa seguiu adiante. (LEER TODO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario