22 jun 2013

CONCENTRACION DEL SABADO EN COMPOSTELA

Achegámosvos avance do programa para a sentada-concentración do vindeiro sábado 22 en Compostela. Irase completando coas suxestións que nos vaian chegando das distintas plataformas. A idea e manter toda a xornada cun volume importante de xente. Hai xente que nos confirmou que asistirá en coches particulares co obxectivo de quedarse todo o día. 
 Este é o avance do cronograma para a xornada: 

DAREMOS AS HORAS EN PUNTO CUN MINUTO DE PITADA
11:00-12:00: Chegada das plataformas
12:00-13:00: Intervencións breves de cada plataforma: comunicados, cancións, poemas...Por favor, ide comunicando a vosa intención de intervir, e o tempo que precisedes, para podermos organizalo.
13:00: Lectura do manifesto
13:00-14:00: Intervencións de apoio por parte de persoeiros da cultura: escritores, actores, cantantes, poetas..., ou lectura dos comunicados que nos acheguen
14:00: Foto central coas pancartas nas escaleiras da catedral 
14:30-16:00: Tempo de xantar, na propia praza ou por libre nos restaurantes do casco histórico
16:00-17:00: Adicae convídanos a un pasarúas pola cidade, coincidindo con outros actos simultaneos de protesta polo resto do estado.
17:00-19:00: Asemblea aberta con novas intervencións de membros das plataformas.
19:00: Lectura do manifesto
19:00-20:00: Intervencións de apoio por parte de persoeiros da cultura: escritores, actores, cantantes, poetas...
20:00: nova subida ás escaleiras da catedral despregando as pancartas

No hay comentarios:

Publicar un comentario