3 ago 2013

RETIRADA COORDINADA DE FONDOS DE

NovaGalicia Banco

QUE E ESTO? 
E un novo método de presión coordinada conjuntamente dende as plataformas de afectados de toda Galicia, para obligar ó banco a que reabra a arbitraxe para a devolución total dos nosos aforros. Dunha forma sinxela podemos seguir facendo presión ó banco para acadar o noso obxetivo de recuperación do 100 por 100 dos nodos aforros.

POR QUE?
Por que hay miles de afectados co mismo perfil que os que xa cobraron e que non foron chamados a arbitraxe. Por que o banco está anunciando o final do proceso. presumindo de dar unha solución satisfactoria ós afectados. Por que queremos recuperar o 100 por 100 dos nosos aforros.

PARA QUE?
Ó facer retiradas conxuntas en toda Galicia o banco saberá que non ten o problema cerrado (como pretende facer ver a través da prensa ó resto da sociedade galega). A nosa medida de presión conxunta en toda Galicia, daranos unha importante repercusión nos medios de comunicación para facer ver que miles de galegos perden unha gran parte dos seus aforros de toda a vida.

CANDO SE FAI?
Establecerase un calendario de retiradas o longo de 4 meses (aprox 2 veces o mes). Para que o banco vexa que vamos en serio e poida reconsiderar a sua decisión de cerrar a arbitraxe (sabendo que non hai impedimento legal para que se siga chamando ós afectados). Os días escollidos serán: Martes si e Martes non a partires deste próximo Martes día 30 de Xullo. 

COMO SE FAI?
Cada afectado ou cliente que queira apoiar esta iniaciativa deberá levar a cabo as seguintes accións:
A) Facer unha retirada de parte dos aforros (recordar que imos a facer 8 retiradas, para que cada un se organice)
B) A retirada podese facer:
1- Mediante retirada en efectivo.
2- Transferencia dende NovaGalicia Banco a unha conta en outro banco (ollo con esta modalidade NGB podenvos cobrar unha pequena comisión)
3- Transferencia solicitada dende outro banco (esta modalidade non vos supón ningún coste)
C) Entregar escrito de reclamación na entidade para que vos entreguen copia sellada, para que así lles conste que a retirada se fai como medida de presión. (este escrito está nas plataformas coas reivindicacións que lle pedimos ó banco e ten apartados para poñer os nosos datos persoais, as cantidades retiradas e un apartado adicional para que cada un poida aportar as suas circunstancias propias, si así o estima oportuno)

DAR COÑECER A REIVINDICACIÓN
Os representantes das respectivas plataformas darán a coñecer a medida de presion ós medios de comunicación os días prévios á retirada
Cada afectado fará o proceso de retirada na sua entidade a poder ser o dia indicado. si non pode facelo así, pois cando poida.
Cada plataforma escollerá unha oficina e hora donde xuntarse os dias de retirada para facer entrega do escrito de reclamación, acompañados de afectados das outras oficinas.
Alí se atenderán ós medios de comunicación e faranse fotografías para manter viva a protesta.
Recordade que si estamos todos xuntos o banco non poderá quedarse indiferente ante estas medidas.
Xa que mais da cuarta parte dos fondos do banco están en mans de afectados de preferentes e subordinadas.

HAZ CLICK AQUI PARA TENER ACCESO A TODA LA INFORMACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario