27 sept 2013

SEMANA CONTRA LA DEUDA

Novamente tratan de convencernos da presenza de brotes verdes. Sen embargo, a realidade é que malia a estatísticas interesadas, a débeda pública non para de medrar e ademáis a un ritmo vertixinoso. E esa débeda é a que podemos relacionar de xeito directo coas medidas de austeridade.

Por tanto, desde a Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda (PACD), temos claro que calquera resposta efectiva que evite a total destrucción do modelo social debe incluir o rexeitamento da débeda pública ilexítima. E por iso traballamos por una auditoría cidadá da débeda. Auditoría que precisa de masa crítica suficiente para conseguir empoderar á poboación e acadar os obxectivos.

Uns obxectvos que son compartidos por persoas e colectivos de moitos países, formando así, unha  rede internacional. Entre as accións programadas atópase a “Semana de Acción Global Contra a Débeda”: na cal desenvolveranse diferentes  xornadas de carácter internacional para seguir avanzando, e que terán lugar entre os días 12 e 19 de outubro 

O nodo galego da PACD, ten a vontade de participar nestas xornadas, e quere organizar actividades que se enmarquen neste contexto internacional. Para iso, esta vez o lugar elexido será A Coruña. A temática a traballar para as actividades a desenvolver será o despilfarro nas grandes infraestruturas da Galiza (visibilizado no AVE, no Gaiás, e no Porto Exterior da Coruña), e a relación que todo isto ten logo coas políticas de austeridade e as privatizacións.

Dado que levar adiante actividades require de participación social, e contando co desexo da PACD de ir vencellando loitas, queremos convocar a persoas e colectivos interesados en loitar contra a débeda, a unha reunión aberta, o día 27/09/2013, ás 20 no Alfaiate (Rúa de San Juan, 7, A Coruña) para falar sobre todo isto, e acordar un traballo conxunto se é posible para esta Semana Contra a Débeda. Agardámosvos! Saúdos,

No hay comentarios:

Publicar un comentario