20 dic 2013

ENTRE TODOS AS MATARON

E ELAS SOÍÑAS MORRERON
A venda e privatización de NCG ao grupo venezolano BANESCO é o ultimo acto dun camiño comezado nos 80, cando baixo o goberno do Felipe González, comeza a bancarización das Caixas de Aforro a través de sucesivas leis de caixas. Os posteriores gobernos de Aznar e Zapatero fixeron posible que o longo do tempo fosen perdendo o seu carácter orixinal de entidades sen ánimo de lucro, de aforro popular, para se converter en sucedáneos de bancos, só que supostamente controlados pola chamada sociedade civil, as administracións públicas (concellos, Xunta, etc.), as organizacións politicas e sindicais e os usuarios/as; que estaban non consellos directivos.

A partir dos anos 90, co desregulamento dos mercados financeiros introducido polo neoliberalismo a ultranza, que gañou para a súa ideoloxía capitalista a prácticamente todas as forzas políticas e sociais da chamada esquerda, estos controis foron menguando. Se os que supostamente tiñan que “velar” polo seu carácter social nin tan siquer crían no público, o camiño da súa ruina estaba aberto.

O público funciona cando a poboación traballadora ten un control absoluto e directo sobre o servizo, se non convírtese no “patio privado” de políticos e empresarios corruptos, que dispoen do diñeiro á sua vontade. Este camiño foi abonado polas presións constantes da banca privada, dos grandes bancos españois e internacionais, que non tiñan control sobre casi o 50% do aforro popular, alen dos seus investimentos industriais. Na Galiza como no resto do estado, a venda e privatización das caixas, é decir, destruilas, foi o obxectivo soñado por todos eles.

A burbulla inmobiliaria que espladiu no 2007 foi o campo abonado para que os empresarios e construtores, un sector da sociedade, políticos e sindicalistas nas Caixas, implicárannas na tolemia construtora que atinguiu o conxunto do estado. Ao dispor dos aforros populares discrecionalmente, as Caixas convertíronse nos financiadores de constructores e obras públicas. Mas cando reventa a burbulla, e os ingresos caen espectacularmente, as Caixas teñen un problema frente a Banca Privada; ao non ser entidades de lucro privado como elas, senón “sen ánimo de lucro” nin sociedades por accións, non poden acudir aos mercados financieros (a Bolsa, por exemplo) para se financiar… Dependen directamente das axudas do estado, e os buracos contabéis xerados pola sua bancarización non pode ser cubertos no mercado. O seu resgate, xunto co que fixeron na banca privada indirectamente (avais, bancos malos/SAREB, subvecións, etc.), veu engrosar a Débeda Publica nuns 200 mil millóns de euros (o 20% do PIB do Estado Español).

Para encher as contas de resultados e tapar eses buracos, os dirixentes da Caixas no 2008 lanzan umha estafa a grande escala, as chamadas “preferentes ou subordinadas”, dirixidas a roubar os aforros de miles de persoas. Neste cadro, o goberno de ZP, dacordo con Rajoy, no 2010, constitúe o FROB e elabora unha Lei de Caixas que é o punto de partida para a súa venda definitiva, ou no caso das máis corruptas, a sua desaparición; deixando todo o mercado do aforro nas máns da Banca Privada. (LEER TODO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario