3 feb 2014

PIDEN EN VIGO UNHA SOLUCIÓN

Máis de 5.000 persoas, segundo a organización, maioritariamente afectados polas preferentes e subordinadas, manifestáronse hoxe en Vigo para pedir unha solución ás 35.000 persoas que a día de hoxe aínda non recuperaron a totalidade dos seus cartos.

Na marcha participaron as plataformas de toda Galicia, membros do colectivo de emigrantes retornados e afectados pola claúsula solo hipotecaria.

Desafiaron a chuvia e as baixas temperaturas co obxectivo de facerse novamente visibles. Desta volta elixiron Vigo e as súas rúas para lembrar que aínda hai 35.000 persoas que non recuperaron os seus aforros.

Na marcha participaron as plataformas de toda Galicia. Cada unha delas identificada cunha cor. Aseguran que a día de hoxe só está aberta a vía xudicial e que arredor de 20.000 clientes quedaron fóra da arbitraxe. Confían nas palabras do novo dono da entidade galega, Juan Carlos Escotet, quen prometeu unha solución en 90 días. O prazo, segundo os afectados, rematará o 20 de marzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario