Vítimas da estafa das participacións preferentes das antigas caixas
galegas chegados de toda Galicia (uns seis mil segundo a organización)
ocuparon as rúas da cidade, nunha manifestación que tamén criticou a
xestión de Goberno central, Xunta e Banco de España.
A marcha finalizou no Obelisco, despois de pasar pola Delegación do
Goberno, coa lectura dun manifesto a cargo de Teresa Moure e Miguel
Pernas, pero ten previsto desprazarse á Praza de Azcárraga, na
casa do presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano, onde se
fará un xantar con bocadillos de chourizo.
![]() |
A manifestación, polas rúas da Coruña |
No hay comentarios:
Publicar un comentario