30 jul 2012

Crónica 3 | Afectados Participacións Preferentes A Mariña mantén as protestas e ve como vías a arbitraxe e a demanda

RESUMO REUNIÓN 29-07-2012

1) Intentei explicar a xente do mellor xeito posible e segundo a información que me consta as dúas únicas vías que hai neste momento para recuperar os nosos aforros: Arbitraxe e Demanda Xudicial.

2) Insistín en que cada quen se informe pola súa conta e contraste toda a información debidamente tanto na entidade bancaria como nas oficinas de consumo ou ben cun despacho de avogados antes de tomar unha decisión.

3) Como portavoz da plataforma quero deixar claro que a partires de agora e depois de coñecer as dúas vías, cada quen terá que analizar o seu caso de forma individual e persoal para tomar unha determinación do que vai a facer e por que vía se vai a decantar.

4) Dende a Plataforma non vou a aconsellar nin recomendar ningunha das vías a ningún dos afectados, cada quen terá que decidir LIBREMENTE E DESPOIS DE ANALIZAR O SEU CASO POLO MIÚDO o que vai a facer.

5) A Plataforma da Mariña vai a seguir en activo informando e asesorando a quen o precise de todo o que levamos feito ata o de agora e seguirei proporcionando información sobre estas dúas vías de reclamación das que dispoñemos a quen o precise pero sempre recalcando que a decisión final a adoptar e cousa individual e persoal.

6) Tomei esta determinación porque eu non son ninguén para aconsellar por que vía ten que ir cada afectado, entendo que é algo que o ten que decidir cada persoa de forma individual e persoal, xa que non quero que o día de mañá poidan dicir que dende a Plataforma se lles aconsellou unha das vías e que non foi a solución.

7) Seguimos coas manifestacións programadas:

- Xoves día 2 de Agosto en Viveiro: Saída as 11 da Praza Maior.

- Mércores día 8 de Agosto en Ribadeo: Saída as 11 do Cantón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario