5 jul 2012

Que pasa na Costa | En marcha a Plataforma de afectados polas Preferentes da Costa da Morte


A cita da pasada semana en Corcubión serviu para algo. Foi un acto político, pero conseguiu poñer a semente para que agora a sociedade civil da Costa da Morte tome o relevo e por fin proteste pola gran estafa das Preferentes. I é que xa hai unha xente interesada en formar unha Plataforma de Afectados polas Preferentes na Costa da Morte, seguindo a estela doutras como a do Morrazo, para protestar ao unísono, contra os abusos das entidades bancarias.
Así, este venres 6 de xullo, a Casa da Cultura de Corcubión acollerá unha xuntanza a partir das 20:00h entre os queiran formar parte da Plataforma, e a partir de aí comezar a quitar o medo á xente a protestar.
Por que na Costa da Morte non se protesta polas Preferentes?, preguntabámonos a semana pasada. Manuel González é dos afectados e un dos promotores da creación desta necesaria Plataforma. Apunta que tras falar con moita xente, “na zona entre Muros e Fisterra pode haber, polo baixo, 1.500 afectados. Pero a xente, ou non sabe que é afectada ou non quere saír á rúa. Nesta zona aínda non aflorou a xente afectada, porque a maioría son xente maior, e uns por vergonza, e outros porque nin sequera o sabíamos, aínda non comezamos a protestar polo propio descoñecemento de que somos afectados“.
I é que lembra que moitos aínda seguen enganados. “Eu aínda teño unha persoa achegada, que coñecía perfectamente a miña situación como afectado, e que non se deu conta ata hai uns días de que ela tamén o é porque non lle chegaban os intereses… Foi á caixa e preguntou “Que pasa cos meus dividendos?”; e lle respostaron cun claro: “É que tes Preferentes e non hai pago”… “Hai xente que mesmo está trastornada porque o perdeu todo, xente con varios ceros nas súas contas de aforro, que agora se quedaron nun cero só”.
Ademais, denuncian que as entidades están con políticas de desinformación. “A xente das caixas de aforro que venderon estes produtos foron xa pre-xubilados, outras pecharonas e agora non informan, maréante, consultan coa central para saber que decir e, o final xa non sabes se ir a perder ou realmente perder a paciencia ante semexante situación de desamparo… A entidade era un grupo de amigos nos que confiar, e agora só xenera desconfianza e engano”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario