12 jul 2012

Que pasa na Costa | Os afectados polas Preferentes na Costa da Morte xa se moven


Xa están na rúa. Os afectados polas Preferentes na Costa da Morte xa están levantando a voz, e se ben aínda moitos non saben que o son, a nova Plataforma pretende informar e servir de apoio para a protesta.
O pasado día 6 de xullo, tivo lugar na Casa de cultura de Corcubión a primeira reunión da Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas da Costa da Morte. Unha xuntanza que servíu para formalizala, e mesmo xa a podemos atopar a través do Facebook.
A reunión asistiron unhas 40 persoas, tendo constancia de unha ducia máis que por diferentes motivos non puideron asistir. I é que o perfil medio dos afectados son persoas maiores, e algunhas delas, por motivos de saúde ou mobilidade, lles resulta imposible desprazarse. Ademais, outros afectados, da zona máis ao sur da área, están integrados nas plataformas do sur de Pontevedra.

Falta de información
Un dos puntos claves desta batalla é a información, e con ese obxectivo fundamental nace a Plataforma. A reunión serviu para informar das características das participacións preferentes e das distintas vías abertas que existen actualmente a efectos de resolución da súa problemática. 
Así, quedou de manifesto que ninguén recibiu información directa sobre o produto, e que o que ven sendo habitual, se contrataba como un prazo fixo, sen ser conscientes da toxicidade do produto que estaban inducidos a contratar”, explícanos Manuel González, afectados e un dos impulsores da Plataforma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario