29 ago 2012

Galicia Confidencial | Os afectados polas preferentes protestan en La Vuelta

Protesta das preferentes na Vuelta en Ponteares | vigoalminuto.com
A Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes na Comarca do Salnés advirte que hoxe os seus socios "dispersaranse" polo recorrido da etapa. En particular, os afectados tomarán as beirarrúas do Monte Castrove, onde os contrarreloxistas irán máis amodo. En principio, os afectados non queren interromper a proba deportiva. Con todo, a situación tensa que soportan e o elevadísimo número de afectados fan posíbel pensar que alguén intente deter aos corredores. 

De feito, os estafados polos produtos tóxicos de Caixanova e Caixa Galicia xa acudiron ao comezo, en Ponteareas, e ao fin da etapa do luns en Sanxenxo. En Sanxenxo colgaron unha faixa, falaron co único corredor galego Argimiro Martínez, e fixeron declaracións aos medios, nas que volveron a cargar contra a Xunta. Despois marcaron pacificamente até Portonovo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario