7 ago 2012

Galiciaé | Guerra asegura que hai 26 laudos arbitrais sobre as preferentes favorables a clientes

Galiciaé LV / Axencias

O conselleiro de Industria, Javier Guerra, cifrou en 26 os laudos arbitrais sobre as participacións preferentes de Novagalicia Banco "favorables" aos consumidores, dun total de máis de 3.065 solicitudes en curso. 

"Non hai outro Goberno en España que tivese a iniciativa de tratar de buscar unha solución dentro das súas competencias", apuntou o conselleiro, que se desprazou a Pontevedra para asinar co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, un acordo de apoio ao comercio "de proximidade" por valor de 240.000 euros.

Guerra insistiu en que o problema das preferentes é "gravísimo" e criticou, sen citar nomes, a algunhas "persoas que estaban en postos de responsabilidade de institucións financeiras que resolveron o seu futuro complicando o futuro dos demais".

No hay comentarios:

Publicar un comentario