8 ago 2012

Para comprender as orixes desta estafa masiva: MARGIN CALL


Margin Call, ambientada no arriscado mundo das altas finanzas, é un thriller que compromete ás figuras clave dun banco de inversión durante as perigosas 24 horas previas ao comezo da crise financeira de 2008. Cando Peter Sullivan (Zachary Quinto), un analista junior, revela información que podería probar a caída da empresa, e orixina unha toma de decisións en cadea tanto morais como financeiras que producen un terremoto nas vidas dos implicados no inminente desastre. Margin Call é unha análise fascinante dos factores humanos nun mundo do que adoitamos ter unha visión frívola e parcial.

A película, que conta cun reparto estelar composto por Kevin Spacey, Paul Bettany, Jeremy Irons, Stanley Tucci e Demi Moore, é a opera prima do guionista e director JC Chandor, un retrato auténtico e descarnado de los financeiros que afrontan as decisións que determinarán o futuro do noso mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario