2 ago 2012

Que pasa na Costa | Os afectados contra as Preferentes xúntanse e informan en Brens

A recentemente formada Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes da Costa da Morte xa empeza coas súas actividades informativas. Unhas actividades necesarias nesta bisbarra para sacar á rúa aos milleiros de afectados.


Así, este venres 3 de agosto, ás 19:30h, haberá unha xuntanza na Casa da Cultura de Brens, situada no Campo da Festa, nas Antigas Escolas. A cita contará coa participación de varios especialistas no asunto:


  • Agenor Gómez: Avogado experto en Dereito Bancario e de Seguros.
  • Coordinador/as da Plataforma de Arousa Norte.



  • E tratarán os seguintes puntos:

    1.- Asesoramento legal procedemento arbitraxe vs xudicial.
    2.- Accións de movilización por coordinador/es Morrazo.
    3.- Nomeamento de coordinadores de zona (especialmente área crítica de Bergantiños- Carballo).
    4.- Calendario de accións: protestas, movilizacións …




    No hay comentarios:

    Publicar un comentario