1 ago 2012

Sermos Galiza | Feijóo contrata á empresa da súa irmá para xestionar os laudos das preferentes

A empresa EULEN, da que é apoderada Micaela Núñez Feijóo, será a encargada de xestionar a atención telefónica dos afectados polas preferentes.

Malia anunciar que sobraban empregados públicos, o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, presentou perante as organizacións sindicais unha proposta pola que se contrata á empresa EULEN para que desenvolva tarefas de atención telefónica e xestión de documentación das persoas afectadas pola estafa das preferentes. O contrato non foi publicado en ningún boletín nin diario oficial e tería un custo de 85.000 euros, cargados sob o erario público.

A través deste contrato, a empresa EULEN, da que é apoderada Micaela Núñez Feijóo, irmá do presidente galego, viría reforzar o servizo de atención ao consumidor que desenvolve persoal do Instituto Galego de Consumo. Este organismo, está a asumir unha maior carga de traballo sen veren ampliado o cadro de persoal, ao tempo que se externalizan parte dos servizos cara a empresa privada, da que é beneficiaria a irmá de Núñez Feijóo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario