6 feb 2013

NODO GALEGO DA AUDITORIA CIUDADANA

O pasado día 19 de xaneiro tivo lugar en Compostela o II Encontro galego para a auditoría cidadá da débeda. Fomos unhas 30 persoas de moitos colectivos diferentes, o que denota a implicación e preocupación que a nosa sociedade amosa polo seu futuro, e todas con moitas ganas de continuar co traballo de autoformación e difusión comezado en outubro. Quedou en evidencia que xa somos o nodo galego da PACD! 
Pensamos que o impago da débeda ilexítima é o fío que conecta todas as loitas contra as políticas de "austeridade", porque é a débeda a excusa aducida para recortar os nosos dereitos e someter as nosas vidas. 


Por iso, no pŕoximo encontro, o 2 de marzo en Compostela, imos concentrarnos na preparación dun Foro Galego da Débeda, no que poidan expresarse o máximo de colectivos posíveis, alargando así a rede, tendo como eixo vertebrador esta cuestión.  

Continuaremos informando! 
Podedes seguirnos no twitter @auditoriagz e mandarnos un mail para saber máis ou unirte á plataforma: auditoriagaliza@gmail.com. 
Non debemos, non pagamos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario