4 feb 2013

RESPONSABILIDADE BANCO DE ESPAÑA

Baixo o lema "Estafados polos bancos. Expropiados polo goberno" afectados polas participacións preferentes e obrigas subordinadas de toda Galicia manifestáronse en Santiago. Séntense enganados e esixen a devolunción íntegra dos seus cartos. "non vamos aceptar ningunha quita" "esiximos os nosos aforros". 
Con moito ruído e enxeñosas pancartas esixen atención dos gobernos. Saíron da Alameda compostelá e remataron na casa oficial do presidente da Xunta. "a responsabilidade é do Banco de España e quen pon ao Banco de España? O goberno, eu non entro en cores de babor ou de estribor..." 
A marcha contou co apoio de representantes sindicais e dos tres grupos da oposición: O Bng pediron normas para a banca, os socialistas unha arbirtraxe xeneralizada e alternativa galega de esquerdas carCeRe para os responsables. Pola súa parte o PP reprochoulle o PSOE que en Madrid asine acordos para dar solucións as preferentes e aquí se manifeste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario