29 jul 2013

CHORIZADA CONTRA LOS CORRUPTOS

Umhas ideas tras as concentracións 
 A concentración de onte, porque foi umha concentración o mais vello estilo con corte de trafico e todo, por moito que o adornen con "chourizadas" ou con actitudes “festivas”, é desde un punto de vista político, CENTRAL.

A esixencia de Gobernos Dimisión, que non só se fixo na Coruña (Madrid, Valencia, Barcelona, Sevilla ate 43 cidades e pobos), é a tarefa prioritaria hoxe para a clase traballadora e o pobo para enfrentar o PPSOE.

Aos primeiros (o PP) por que están enrocados na sua posición nos gobernos, están tan debilitados, tan corrompidos e tan illados socialmente (ate Wall Street Journal, Financial Times, etc, peden a comparecencia de Rajoy, e non son medios precisamente de extrema esquerda) que saben que como caia un so deles, cae todo o edificio, nun efecto dominó. Por iso pechan filas entre eles, ainda que se odien e non se fien de ninguén, e que de vez en cando o sector mais extrema direita (Aguirre ou Aznar) saque as garras.

Os segundos, o PSOE, que pide "un goberno do PP sen Rajoy", porque saben que o PP é a columna vertebral do réxime neo franquista que temos (esta cheo de ministros de Franco ou dos seus fillos políticos que poden estar onde estan pola lei de amnistía). O PSOE sempre foi o "machaca" dos franquistas; cando éstes (fose a UCD ou depois o PP) non podían facer algo porque terían que enfrontarse á poboación, chamaban o PSOE o resgate (FG, ZP), corrompían ou pactaban coa esquerda (IU, ERC, BNG), e os sindicatos, para frear as mobilizacións preparando a derrota. Suicidábanse o servizo dun "ben superior", a estabilidade do réxime do 78.

O PSOE hoxe sabe que non ten capacidade para facer ese papel de "apagafuegos". Esta en caída libre, e sabe que a caída do goberno de Rajoy non é un simple recambio, é a caida do ultimo "cortafuegos" que protexe ás institucións centrais dun rexime, a Xefatura do Estado e a Xudicatura, tamén tocadas despois do caso Garzon, Divar, etc., e agora o caso do actual Pte do Tribunal Constitucional que era militante do PP, cando a lei prohibe a militancia dos maxistrados.

Por iso, a tarefa é esixir e mobilizarse pola dimisión dos gobernos é hoxe, e non admite desculpas, porque non facelo obxectivamente pon á calquera organización ao lado do PPSOE na defensa do réxime do 78.

A convocatoria da Coruña estivo ben de xente (tendo en conta a relación con Madrid o Valencia), e aínda que estaban dirixentes do BNG, de IU, do PSOE!, ... Ningun deles asumiu a tarefa de encabezar a loita contra estes gobernos, pondo os seus aparellos á tarefa de enfrentalos. Porque non nos trabuquemos, hoxe por hoxe quen pode chegar a milleiros de persoas na Galiza, e na Coruña, son as organizacións políticas e sindicais institucionais; a sua actitude de limitarse a desgastar os gobernos e de esperar ás eleccions, significa non asumir as suas responsabilidades e ten iguais consecuencias que o pórse o marxe das convocatorias, debilitan a resposta social aos gobernos, axudan a mantelos e facilitan que sexa a extrema direita quen bote fora a Rajoy.


Eles teñen a influencia social suficiente como para que estes gobernos durasen un telexornal e a sua pasividade só fai que os Rajoy/Feijoos aguanten no poder. Esta no seu tellado o construir umha fronte/coordinación aberta e unitaria, para impulsar a mobilización social. Por outra banda, non abondan os chips que algúns ainda manteñen, de fai dous anos, do 15M; a realidade impon un paso adiante na organización política. O non resolver esta contradicción é o que ten no desconcerto a moitos/as dos que estiveron onte, e debilita a necesaria resposta.

Apesares disto, é notorio que a crise non espera e o illamento social do PP é total, por iso ha que avanzar na realización de reunións/asembleas abertas para discutir e establecer un PLAN DE MOBILIZACIONS SOSTIDO NO TEMPO ATE DERRUBAR OS GOBERNOS, e levalo aos centros de traballo, aos barrios, aos centros de estudo (cando estean abertos). Esto é o que temos que construir e traballar, porque ninguen esta a facelo.

Esta claro que a saída do PP dos gobernos non é a solución o problema, a sua importancia esta en que hoxe significa abrir a porta a un proceso de mobilización contra as medidas de austeridade e recorte, contra o réxime do 78 e contra esta UE que esta a impor un gran retroceso nas condicións de vida e traballo da poboación. Por iso, a derrubada dos gobernos tense que inscribir nunha loita a longo prazo por un proceso constituínte que apoiado nos organismos de autoorganización da poboación traballadora, garanta umha saída obreira e popular á crise.
Galiza, 19 de Xullo do 2013 R Laxe

Leer las últimas noticias :
La “chourizada” contra la corrupción en el PP colapsa el centro en hora punta
Unas trescientas personas se concentraron frente a la sede del PP en A Coruña
Los ciudadanos gritan contra la corrupción (VIDEO)
Un millar de personas pide la marcha de Rajoy ante la sede del PP (FOTOS)

Este post ha sido publicado conjuntamente con : 
AMANECER
OS INDIGNADOS DA CORUÑA.
LA TORRE DE HERCULES

No hay comentarios:

Publicar un comentario