11 jul 2013

CONTRA LA CRIMINALIZACIÓN

Paremos a criminalización dos movementos sociais e da solidariedade na Coruña -multannos a nós para asustarte a ti!
Existen dous termómetros fundamentais para calibrar a saúde e calidade dunha democracia. Como ponto de inicio, a súa capacidade para abrir vías á participación cidadá na toma de decisións de goberno. Como desenlace, a sensibilidade para aceptar e comprender as demandas e reivindicacións cidadás.

Nos tempos presentes, na cidade da Coruña, o goberno municipal do Concello da Coruña e a Delegación do Goberno están a mostrar como, desde unhas institucións que se reclaman de todas e todos, atenden apenas aos intereses dunha minoría, perseguindo as protestas veciñais e criminalizando as demandas cidadás.

Neste contexto, no que Concello e Delegación están a dinamitar regularmente as vías e canles para a protesta social, tense despregado un proceso sistematizado de fustigación económica contra calquera iniciativa reivindicativa.

Os procesos contra a veciñanza de Durmideiras, que reclama unha discusión pública sobre a cuestión da especulación, contra as xentes de Monte Alto que tratan colectivamente de manter viva a biblioteca veciñal, de Elviña, que defenden simplemente o seu dereito a manter en pe o seu barrio e as súas vivendas fronte ás actividades lucrativas da construción ou as sancións contra aqueles veciños e veciñas da Coruña que fixeron efectivo o dereito á vivenda impedindo o abusivo e arbitrario desafiuzamento de Aurelia Rey, son particulares exemplos de como desde o Concello e a Delegación do Goberno existe unha explícita vontade de silenciar calquera tipo de demanda social ou participación cidadá.

HAZ CLICK SOBRE EL PANFLETO, A LA IZQUIERDA Y A LA DERECHA, PARA LEERLO.
   <  >

O obxectivo é claro: asustar, atemorizar, silenciar sancionando economicamente a quen proteste e para alén disto crebar os tecidos sociais e os lazos veciñais. A resposta é tan simple coma clara: indignación ética, denuncia colectiva, apoio mutuo e solidariedade.
Concentración; paremos a criminalización dos movementos sociais e da solidariedade na Coruña! Xoves 11 de xullo ás 20h no Obelisco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario