24 jul 2012

Galiciaé | Novagalicia rexeita as devolucións pola vía da conciliación xudicial

Novagalicia Banco rexeita a vía da conciliación xudicial para proceder á devolución do investido polos seus clientes en participacións preferentes pola "súa obrigación legal" de defenderse, xa que pola contra incorrería nun delito de violación, precisaron a EFE fontes da entidade.

Esta aclaración prodúcese despois de que Novagalicia Banco non se avinira hoxe á reclamación, vía acto de conciliación nos Xulgados de Cangas, de anulación de contratos de participacións preferentes e de devolución íntegra do investido por parte de 40 clientes da zona do Morrazo.

As fontes da entidade galega recalcan que só pode proceder á devolución das preferentes que foron "mal comercializadas" cando haxa unha sentenza xudicial que así o confirme e cando o caso sexa "moi claro".

Neste sentido, puntualizan que non recorreu a sentenza dun Xulgado de Cambados que a condenaba a devolver 7.500 euros a un cliente porque entón non recibira o plácet do Banco de España e de Bruxelas, pero que a partir de agora recorrerá ata as últimas instancias nos casos nos que crea que "ten razón".

O outro suposto no que Novagalicia Banco procederá á devolución nominal íntegra do investido menos o diferencial de intereses correspondentes a un depósito e un produto de risco, como son as preferentes, é cando haxa un laudo arbitral.

Polo momento, recibíronse 2.200 reclamacións de arbitraxe por parte de clientes de Novagalicia Banco e procedeuse a atender as primeiras 300, a expensas de que os clientes acepten a proposta que lles fai a entidade para someterse ao ditame do árbitro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario