23 ago 2012

Praza Pública | O BNG pide unha "solución política" para evitar que os estafados polas preferentes perdan o 60% do seus cartos

O BNG instou á Xunta este mércores a impugnar o decreto sobre preferentes que o Goberno central aprobará o venres, que segundo os nacionalistas imporá unha quita do 60% para os tenedores de participacións preferentes. Ao igual que antes fixera a socialista María Xosé Caride, Carlos Aymerich rexeitou que "se impoña unha quita obrigatoria", e engadiu que o Goberno central creou ao redor deste tema unha "cerimonia da confusión" pois "dende o 20 de xullo, cando asinou o memorando que fixa as condicións do rescate bancario sabe perfectamente o que vai pasar". 

Os nacionalistas calculan que se unha persoa puxo 100.000 euros en preferentes, e estas sofren a quita do 60 ou 65% esixida por Europa, cunha prima máxima do 10%, o máximo que recibirá serán "40 ou 44 mil euros".

No hay comentarios:

Publicar un comentario