24 ago 2012

Praza Pública | O Goberno desenténdese dos afectados polas preferentes, aos que só lles quedará a vía xudicial

Concentración dos afectados polas preferentes na Coruña | CC BY-NC Praza Pública

A reforma financeira que o Consello de Ministros aprobará este venres o o seguinte, aínda en agosto, permítelle ao Estado pagar polos títulos só o prezo de mercado, polo que os milleiros de aforradores galegos poderían perder a metade do capital retido polos bancos. O texto da reforma permite, no mellor dos casos, aplicar "as primas ou descontos que resulten conformes coa normativa da Unión Europea", que pode supor un 10% sobre o valor de mercado. 

O decreto contempla que “a entidade solicitará a elaboración de cando menos un informe por un experto independente, a efectos de acreditar o valor de mercado”. Entre as distintas medidas que poden adoptar as entidades con axudas, Economía permitirá tamén os trocos por accións ou outros produtos bancarios. Estas medidas serán de “aceptación voluntaria por parte dos investidores”, agás cando sexa o FROB o que impoña a medida. 

Ademais, a reforma impide que os afectados lle reclamen á entidade ou ao FROB, polo que só lles quedará a posibilidade de establecer un recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional. Calcúlase que os afectados en Galicia superan as cen mil persoas, que xa iniciaron os trámites para esixir xudicialmente que as entidades bancarias lles devolvan integramente os cartos neles depositados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario