31 ago 2012

Praza Pública | O Goberno confirma que os afectados polas preferentes terán que asumir as perdas dos bancos

O Consello de Ministros aprobou o decreto de reforma financeira, que acata as condicións impostas pola Comisión Europea, entre elas a que limita ao prezo de mercado máis o 10% o que pode ofrecer polas participación preferentes. Isto supón que os afectados poderían perder ao redor do 70% dos seus cartos e que só lles quedarían dúas alternativas: a vía xudicial, con varias frontes abertas, e a vía da arbitraxe, que en Galicia se realiza a través do Instituto Galego de Consumo. As perdas, segundo o decreto, non poderán ser impugnadas ante o FROB ou a entidade bancaria. 

Protesta dos afectados pola preferentes, este xoves na Coruña
CC BY Praza Pública

Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, Luis de Guindos afirmou que o FROB mesmo poderá impoñer un prezo "máis severo" se considera que a absorción de perdas por parte dos acreedores foi "insuficiente". As operacións de canxe poderán consistir en ofertas de troco por instrumentos de capital da entidad, a recompra mediante abono directo en efectivo ou condicionado á subscrición de instrumentos de capital ou calquera outro produto bancario, ou á redución do valor nominal da débeda e amortización anticipada a valor distinto do nominal. 

O responsable de Consumo do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Juan Carlos Francisco Rivera, acusou hoxe a Rajoy de “convalidar a estafa das preferentes e subordinadas” a 50.000 galegos e galegas, 43.000 deles clientes de NGB. O socialista esixiulle tamén ao presidente da Xunta que impugne o Real Decreto aprobado hoxe e que “se opoña radicalmente a cometer unha estafa a 50.000 familias de Galicia”. Reclamou que o presidente “abandone o silencio cómplice e defenda por unha vez aos galegos e galegas aos que ten a obriga moral, política e legal de defender”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario