1 sept 2012

Praza Pública | 200 afectados polas preferentes protestan ante Rajoy e Feijoo na apertura da campaña do PP

Imaxe dos antidisturbios, impedindo que os manifestantes se achegasen a Rajoy e a Feijoo
© @alikense

Os colectivos de afectados pola estafa da preferentes xa anunciaran que se ía facer ver e oír nos actos políticos do Partido Popular até as eleccións do 21 de outubro. E comezaron a facelo dende o primeiro día. O PP inauguraba o curso político este mediodía en Soutomaior, nun mitin no que Rajoy pretendía arroupar a Alberto Núñez Feijoo no seu intento de revalidar a maioría absoluta. 

Dende primeiras hora da mañá ao redor de 200 persoas agardaban pola chegada dos dirixentes populares, con faixas que reclamaban a devolución dos seus cartos e responsabilizando o Goberno central e galego do sucedido. 

Feijoo afirmou que os afectados polas preferentes se manifestan nos actos do PP "porque saben que é o PP o que pode solucionar a súa situación" 

Unha forte presenza policial impediu que os manifestantes se achegasen ao acto e mesmo se chegaron a vivir momentos de tensión, con dúas cargas dos antidisturbios contra os concentrados. A pesar do cordón policial, que os separou do mitin en moitos metros, os seus berros interromperon os discursos dos políticos en varias ocasións. Uns berros que foron contestados polos militantes populares, apoiando o seu candidato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario