1 sept 2012

Galicia Confidencial | "O Goberno sitúase ao lado dos estafadores da banca"

As ducias de miles de galegos estafados polas participacións preferentes terán que ampandar con quitas de até o 70% segundo as normas aprobadas onte no mesmo Consello de Ministros que aprobou outra inxección de 4.500 millóns para banca. O BNG di que que "Rajoy e Feijóo son cómplices da estafa". A Xunta insiste en que a mellor saída é a conciliación. Vídeo de Jorquera no interior.

 A tal hora é difícil imaxinarse un mitin electoral do PPdeG tranquilo en comarcas como O Salnés ou O Morrazo. Nesas áreas hai aldeas nas que a maioría dos veciños teñen os cartos atrapados nas preferentes de Caixa Nova e Caixa Galicia.

O Consello de Ministro aprobou onte a reforma das norma sobre as preferentes. Os cidadáns poderán poñer en venda todas as súas preferentes a prezo de mercado máis o 10%. O que significa na realidade é que perderán até o 70% dos seus aforros.


Críticas do BNG


O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, denunciou esta tarde que co Real Decreto de Reforma Financeira aprobado esta mañá en Consello de Ministros “o Goberno sitúase do lado da gran banca, dos estafafores, e víralle as costas ás vítimas da fraude das preferentes”.


Francisco Jorquera criticou que coa reforma aprobada esta mañá “o Goberno legaliza a estafa da que foron vítimas os subscritores de participacións preferentes”.
Francisco Jorquera non dubidou en afirmar que “o Goberno do Partido Popular legaliza o engano masivo do que en Galiza foron vítimas miles de de pequenos aforradores, legaliza a expropiación dos seus cartos a través dunha estafa cometida pola banca”.

E isto fai que para o candidato do BNG á presidencia da Xunta “o goberno español sitúase do lado da grande banca de casino, ao lado os estafadores, e da as costas e deixa de lado ás vítimas”. “E isto subliñou ten cómplices políticos, que se chaman Rajoy e Feijoo”.

Francisco Jorquera anunciou que “o BNG vai votar en contra da convalidación deste real decreto lei no Congreso dos Deputados e vai traballar cóbado con cóbado coa sociedade para contestar as medidas contidas neste decreto, que terán consecuencias gravemente antisociais”.


Versión da Xunta

Visón de todo diferente dá a Xunta, gobernada polo PPdeG. "Galicia é a única comunidade que conseguiu levar a cabo esta fórmula que permite aos afectados, que foron vítimas dunha “mala praxis”, recobrar o seu diñeiro", presume o Executivo. O certo é que tanto a maioría de afectados como as súas plataformas desaconsellan ir á conciliación salvo para os casos máis evidentes de estafa (persoas que non saben ler, etc.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario